Sobre nós

Que é ABESAI? 

A Asociación de Empresarios Abesai é unha entidade sen ánimo de lucro, que nace co obxectivo de xestionar, coordinar e defender de forma conxunta os intereses comúns das empresas situadas nos polígonos de Bergondo, Espíritu Santo, Arco Iris… e a súa área de influencia. En definitiva, para impulsar e representar a todas as empresas que compoñen a gran masa empresarial que se foi formando ao redor da estrada nacional VI. 

E en concreto...

  • A xestión, coordinación e defensa dos intereses común dos socios.
  • A creación, xestión e desenvolvemento dos servizos e actividades comúns.
  • O fomento da coordinación entre os asociados para a reducción de custos e a mellora e ampliación de servizos de valor engadido.
  • A representación e fomento dos intereses comúns dos seus asociados ante administracións e entidades públicas e privadas.
  • A coordinación con organizacións e institucións empresariais con fins semellantes.
  • O fomento e a promoción da formación, a igualdade, a prevención de ricos laborais, a calidade, o medio ambiente, a responsabilidade social corporativa ou a internacionalización das empresas.

Polígonos Espíritu Santo

Área empresarial implantada entre os municipios de Cambre e Sada con vinte anos de vida que alberga empresas de diversa actividade.

Polígono Bergondo

Área empresarial de referencia amplamente consolidada na que se sitúan empresas de múltiples sectores de actividade, fundamentalmente de servizos

Parque Oleiros

Neste polígono de recente creación situado no municipio de Oleiros coexisten empresas de perfil comercial con outras de servizos.

Polígono Arco Iris

Situada no municipio de Sada esta área empresarial alberga empresas consolidadas fundamentalmente de distribución e servizos.

Polígono de Piadela

Polígono en pleno desenvolvemento con acceso directo á N-VI no que destacan empresas de distribución, transporte, coxeración e construción.

Polígono de Coirós

Polígono con vinte anos de vida situado no municipio de Coirós no que conviven empresas de tinguidura industrial, distribución e servizos.

Vertebrados pola estrada N VI

Sen dúbida unha situación estratéxica con acceso ás principais vías de comunicación da provincia desde a estrada nacional VI foron a clave para a formación dunha importante masa empresarial.

Área de influencia

Máis de 1000 empresas en áreas consolidadas ou dispersas compoñen o noso importante tecido empresarial, motor económico e xerador de emprego e riqueza para o territorio.   

Share by: